PARTICIPA

COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA

Queres colaborar como bibliotecario/a?
Cales serían as túas funcións: Suxerir e axudar a elaborar as actividades, realizar o proceso de préstamo e devolución de libros, catalogar exemplares… e todo aquilo que se che ocorra.

Sara e Nadjen xa o fan

20190507_125514.jpg

ENQUISA

A biblioteca de secundaria está a sufrir un profundo proceso de remodelación e actualización.
Para saber cal é o camiño que debemos tomar, decidimos elaborar unha enquisa co obxectivo de coñecermos cales eran as cousas que debiamos cambiar.
No mes de xaneiro de 2019 os coordinadores do Departamento de Dinamización da Biblioteca de Secundaria, xusto antes da remodelación, procedimos a solicitar a vosa colaboración para cubrir a mencionada enquisa.
Prometimos que dariamos a coñecer os resultados e, como cumprimos as nosas promesas, aquí os tedes:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdHBhD0sAwmCzyw1wYwEqSMY1rSSYzBloHHTOX2gv1BGw8rVQ/viewanalytics

Advertisements

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑