EN LIÑA

CONSULTA DESDE CASA QUE LIBROS TEMOS

be_web_transp_150

Se premes na imaxe, podes consultar calquera libro que se atope na biblioteca do colexio.

Tamén podes facer unha reserva dun libro e recollelo despois na biblioteca. É moi fácil!


QUE É GALICIA LE?

proxy.duckduckgo.comPero aínda non sabes o que é?

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Se precisas axuda para entrar, pregunta na biblio.

Accede aquí


BANCO DE CONTIDOS DE AULAPLANETA

Captura de pantalla de 2019-01-24 22-01-54.pngO Banco de Contidos de aulaPlaneta é o maior repositorio de recursos de contidos educativos e de consulta en lingua castelá. Máis de 170.000 recursos (artigos, fotografías, vídeos, interactividades, etc.) configuran unha ampla base de contidos que abarca todo o coñecemento humano. O portal dá acceso a todos os conteidos dun potente buscador transversal e a través de minisites independentes organizados tematicamente: Museo Virtual, Navegador Visual, Temas de Hoxe, Atlas, Cartografía, O Corpo Humano, Historia Audiovisual de España, Biblioteca Universal, Sala de Audición, etc..

Accede aquí

Se queres consultar os contidos, non tes máis que preguntar na bilbio. Éche ben doado!


CANTIDADE DE RECURSOS EN LIÑA

A biblioteca do colexio pon á túa disposición unha digital-media-treeserie de recursos dispoñibles na Internet para completar os fondos dos que dispón.
Este documento está en constante evolución para ir aumentando pouco a pouco o volume de recursos.
O documento está ordnado por materias e inclúe unha breve descrición para que non navegues a cegas e poidas atopar con facilidade aquilo que buscas.
Para consultar o documento, preme na imaxe.


LECTOR DE LIBROS ELECTRÓNICOS DA BIBLIOTECA: GUÍA DE USO E LIBROS QUE CONTÉN

kindleNa biblioteca de secundaria está á túa disposición un lector de libros electrónico “Kindle”.
Podes levalo para casa en préstamo como calquera outro exemplar de papel.
Se non o sabes utilizar, preme na imaxe para consultar a súa guía de uso.
Tamén podes ver os libros que se atopan nel e que podes ler xa! Libros no Kindle

 

 

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑