NOVIDADES DE NOVEMBRO: Andrea Maceiras conta nove estrelas, Rosa Aneiros guía botellas de mar, Anxo Fariña escribe dos ecos do lume, Emma Pedreira sobre os corpos invisibles e T. S. Easton di que os nenos non calcetan e a Gemma Pasqual algo lle pasa cos whatsapp.

Conta nove estrelas. Andrea Maceiras. Ed. Xerais. Premio Lazarillo 2018.

Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela.

Os corpos invisibles. Emma Pedreira. Ed. Xerais. Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019

L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda sobre as costas e unha vontade de ferro.

Xelis, o guieiro das botellas de mar. Rosa Aneiros. Ed. Xerais.

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos ameazaba aos habitantes da illa de Otlic. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.

No me toques los wasaps. Pasqual i Escrivá. Ed. Anaya.

Nesta entrega Xenia está moi namorada de Juan, aínda que aos poucos o control que exerce sobre ela e a súa actitude irán abrindo os ollos sobre o tipo de relación que manteñen.

Os ecos do lume. Anxo Fariña. Editorial Xerais. Col. Merlín.

Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa e ao ir na súa procura descubrirá un incrible mundo Introterrestre e será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑